O encontro entre o Fisioterapia Cinesia Noia e o CDE Voleibol Castañeda rematou con un resultado favorable de 3-0 para o equipo local. O partido durou 1 hora, suficiente para que as noiesas acadaran a victoria gracias ó seu potente saque e a un efectivo ataque. Os parciais foron os seguintes: 25-14/25-19/25-20. Na clasificación seguen segundas da táboa, pero esta vez en solitario, xa que Salamanca perdeu o seu partido contra Univ. Oviedo Campus Gijón por 3-2. A semana que ven o Fisioterapia viaxará a Salamanca donde disputará un partido moi importante fronte a un rival directo. Será ás 20.15 horas no polideportivo Miguel de Unamuno. Outros resultados: Univ. Oviedo Campus Gijón - Universidad Salamanca: 3 - 2 (25-15/25-27/25-21/23-25/15-13), Dompa Gestión - Antalsis: 0 - 3 (13-25/17-25/15-25), Universidad de La Rioja - Fortuna Kirol Aukera: 2 - 3 (22-25/25-20/25-21/21-26/6-15).
O CV Noia de 2ª impúxose ante o AV Cangas por 0-3 nun partido sin complicacións para o equipo visitante. Os parciais foron os seguintes: 18-25/21-25/20-25. Os noieses acudiron cas ausencias de Pilís e Francisco por motivos laborales. Na táboa de clasificación están de primeiros con 9 partidos gañados e 1 perdido; séguelle o Vigo Valery Karpin con 8 partidos gañados e 1 perdido (conta con un partido menos este equipo). Outros encontros da xornada: Comercial Durán - Turismo de Vigo Voleibol, 3.14 Financial 3 - 1 R+F Magenta Voley Riveira: 25-13/25-17/20-25/25-15, Ageco Marineda - Descansa, Vigo Valery Karpin - Descansa.
XUVENIL MASCULINO:
O CV Noia xuvenil xogou contra o ARQO Rianxo no polideportivo municipal desta localidade. O resultado do encontro foi de 0-3 nun partido moi reñido no que ámbolos dous equipos xogaron moi ben. Os parciais foron os seguintes: 23-25/29-31/24-26. Outros encontros da xornada: Gehon S. Sadurniño - R+F Magenta Voley Riveira, CIS Zalaeta 0 - 3 EMEVE Lab. Nupel: 21-25/17-25/20-25, Galp Energia 0 - 3 Turismo de Vigo IES Teis: 12-25/13-25/25-27, CD Conxo - Descansa.
XUVENIL FEMININO:
O Fisioterapia Cinesia xuvenil xogou en Coruña contra o CV Brétema nun encontro no que as xogadoras de Fran non opuxeron moita resistencia. O resultado foi de 3-0 para o equipo local cos seguintes parciais: 25-1, 25-6 e 25-17. Baixa das xogadoras Rebeca Pardal, Alicia Outes e Judith. Partido decidido en 45 minutos. Outros resultados: Calasancias - Marineda - CD Conxo, ARQO Rianxo - ADE Asesores Univ da Coruña, La Fábrica Sarria 1-3 Xiria Mouzo Souto: 18-25/25-16/13-25/13-25, CV Padrón 3-2 Xiria Asesoría Cervantes: 24-26/25-16/25-9/20-25/15-12.
PRÓXIMA XORNADA (16 DE FEBREIRO DO 2008):
- Universidad Salamanca - Fisioterapia Cinesia Noia (1ª): sábado 16 de febreiro ás 20.15 horas no polideportivo Miguel de Unamuno de Salamanca.
- CV Noia (2ª) - 3.14 Financial: sábado 16 de febreiro ás 17.30 horas no pabillón Alonso Rodríguez de Noia.
- CV Noia (xuvenil masc.) - Gehon S. Sadurniño: sábado 16 de febreiro ás 16.00 horas no pabillón Alonso Rodríguez de Noia.
- Fisioterapia Cinesia (xuvenil fem.) - CD Conxo: sábado 16 de febreiro ás 13.00 horas no pabillón Alonso Rodríguez de Noia.

