O CV Noia de 2ª División perdeu o seu encontro por 3-1 contra o Ageco Marineda en terras coruñesas. Os parciais foron os seguintes: 25-20/21-25/25-23/25-21. Os xogadores de Noia acudieron á súa cita con 4 baixas titulares: Chiru e Álvaro (por lesión), Fran (por motivos de traballo) e Pilís. O equipo noiés fallou en defensa e careceu dun ataque definido o cal favoreceu ó equipo contrario que soubo aproveitar as súas ocasións para puntuar. Outros resultados: AV Cangas 0-3 Vigo Valery Karpin (20-25/11-25/20-25), Turismo de Vigo Voleibol 3-0 3.14 Financial (27-25/25-23/25-22), Comercial Durán - R+F Magenta Voley Riveira, Turismo de Vigo Voleibol - Descansa, 3.14 Financial - Descansa. Lideran a clasificación o Vigo Valery Karpin e o CV Noia con 7 partidos gañados e 1 partido perdido, ambos con 15 puntos; séguelle o Ageco Marineda con 4 partidos gañados e 3 perdidos (12 puntos); 3.14 Financial e Comercial Durán con 4 partidos gañados e 3 perdidos (11 puntos); Turismo de Vigo Voleibol con 3 partidos gañados e 4 perdidos (10 puntos); AV Cangas, 1 partido gañado e 7 perdidos (9 puntos), e por último o R+F Magenta Voley con 0 gañados e 7 perdidos (7 puntos). Na seguinte xornada enfrontarase ó Comercial Durán no Estadio da Xuventude (Pontevedra); será o domingo 20 de Xaneiro ás 10.00 horas.
O CV Noia xuvenil xogou contra o CIS Zalaeta na Coruña o sábado pola tarde. O equipo noiés acudeu ó encontro ca baixa de xogadores titulares (ó igual que o equipo sénior). O resultado foi de 0-3 para os coruñeses. Outros resultados: EMEVE Lab. Nupel 3-1 Gehon S. Sadurniño (26-24/25-21/17-25/25-20), Turismo de Vigo IES Teis 3-0 CD Conxo (25-20/25-20/25-23), Galp Energia - R+F Magenta Voley Riveira, CIS Zalaeta - CV Noia, ARQO Rianxo - Descansa. Na táboa de clasificación o equipo ocupa a 5ª posición con 4 partidos gañados e 4 perdidos. Próxima xornada: CV Noia - Galp Energía (Aprazado).
CV Noia B - Comercial Durán: sábado 19-1-08, 13:00 horas no pabillón Alonso Rodríguez.
Fisioterapia Cinesia Noia (2ªB Feminino) - CV Padrón: sábado 19-1-08, 18:30 horas no pabillón Alonso Rodríguez (Aprazado).