miércoles, 14 de marzo de 2007

PARTIDO CONTRA SALAMANCA, SÁBADO 10/03/2007

Pois para variar un pouco teño que dicir que este sábado o partido que nos enfrontaba ó equipo recén ascendido de Salamanca decantouse nun resultado favorable para nós, 3-1. O equipo viña moi mermado pola imposibilidade de varias xogadoras de viaxar, e incluso dúas que viñeron quedáronse no hotel en Santiago, unha enferma e outra por lesión. Ainda así non quero quitarlle méritos ó equipo ó que nos enfrontamos, o cal levantaba os balóns ás veces xa de forma imposible o cal xa era un pouco desesperante para nós porque había xogadas que parecían non ter fin. Este fin de semana viaxamos a Gijón para enfrontarnos con Universidade de Oviedo Campus de Gijón as cales ocupan a cuarta posición na clasificación. Pero bueno, non hai que desesperar e hai que ir a ganar tódolos partidos porque todo é posible. Tamén añadir que Crichi está de cumpreanos esta semana, o venres 16 de marzo. Así que Mari Creti, FELICIDADES DE TODO O EQUIPO!!!!!!!

No hay comentarios: