jueves, 8 de marzo de 2007

PARTIDO DO 03-MARZO-2007

Foi o enfrentamento Teis - Noia o cal era un partido bastante importante porque son as nosas rivales máis inmediatas. Fomos con bastante cautela porque o noso xogo na segunda volta non é precisamente moi bo, así que intentamos mentalizarnos. Pero non dou resultado e o partido finalizou coa nosa derrota por 3-1 a favor do equipo local. Tamén hai que dicir que no enfrontamento contra León o sábado anterior púidose ver como o noso bo xogo florecía outra vez o cal dou lugar a un bo partido, pero a superioridade das de León (que van segundas na clasificación) fixo que o partido se decantara para elas con un 0-3. Este fin de semana que ven xogamos ás 5 contra Salamanca en Noia, e esperemos facerlle frente a un equipo que en principio ven mermado pola falta de algunhas xogadoras. Tamén dar desde aquí ánimos a Ana, colocadora de Teis da liga Fev que se lesionou no campionato universitario este mércores 7 de marzo mentres xogaba no equipo da USC. Despois de facer un moi bo primeiro set contra a Universidade de Vigo a nosa colocadora nun accidente desafortunado lesionouse. Desde aquí dicirche que teñas unha moi pronta recuperación e gracias por todo. Ah, e por último, FELIZ CUMPREANOS JÉSICA!!!! que cumpreu aniños o sábado 3 de marzo. Felicidades de todo o equipo.

1 comentario:

CRICHI dijo...

Bueno, ninhas, no desesperemos. Este fin de semana nos desquitamos ganandole a Salamanca en casa, que os parece? La aficion se merece una victoria en casa ya, no? Mil besos!