Fisioterapia Cinesia Noia- As mariñas de Oleiros
Infantil feminino: 2-3 (25-20/25-13/21-25/22-25/13-15)
Unha derrota máis das nosas por 2-3, está máis que claro, que as pequenas non se lles dan ben os quintos sets, fruto dos nervios e a inexperiencia caeron por 13-15 no último set. As noiesas comezaron fortes vencendo os dous primeiros sets fortes en saque e ataque, pero ao verse por enriba no marcador a relaxación pasou factura e as visitantes aproveitáronse levándose os dous seguintes sets con finais de set moi axustados, e para rematar unha semana máis comezaron o quinto set perdendo e foi casi imposible a remontada e para cando reaccionaron as do Oleiros xa anotaban o 13-15 no marcador.
Fisioterapia Cinesia Noia- EMEVE Lugo
Infantil feminino: 3-1 (16-25/25-13/25-17/25-8)

Fisioterapia Cinesia Noia- Ies de Ames
Xuvenil feminino; 0-3 (21-25/17-25/17-25)
As nosas xuvenís non levantan cabeza, nova derrota ante un dos rivais directos para non quedar na parte baixa da táboa, pero as numerosas baixas das nosas e a boa actitude ofensiva por parte de unha das xogadoras visitantes facían imposible que as nosas puideran poñerse por diante no marcador, tan só no primeiro set foron quenes de achegarselles pero non se mantiveron estables e os erros fixeron que as do Ames se levaran o set. O terceiro e o cuarto set foron unha copia, os erros locais facian que as visitantes acadaran unha notable vantaxe para finalmente levarse o partido. Neste momento as xuvenís están na sétima posición a falta do partido contra o Boiro Voleibol colocado na parte alta da táboa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario