Zalaeta- Fisioterapia cinesia Noia
Infantil feminino: 1-3 (25-16/17-25/14-25/15-25)

Jealsa Boiro Voleibol- Fisioterapia cinesia Noia
Xuvenil feminino: 3-0 (25-13/25-21/25-18)

Redesyl Boiro Voleibol- Fisioterapia cinesia Noia
Senior Masculino: 3-2 (25-27/18-25/17-25/21-25/15-10)
Primeiro partido do ano, último da primeira volta e primeira derrota para o noso equipo masculino nesta segunda división. Os noieses chegaban a Noia coa baixa do central Alex Gonzalez e posteriormente durante o partido uniríase a do receptor Marcos Figueira no terceiro set. Comezaban os dous primeiros sets axustados, sobre todo o segundo dominado de principio a fin polos noieses, pero no terceiro set, a baixa de Marcos e un desafortunado cambio dende o banquillo fixo que os locais levaran o terceiro parcial, no cuarto os noieses non levantaron cabeza, os locais conseguiron unha importante vantaxe ao inicio e foi casi imposible remontar o set por moito esforzo visitante. Finalmente o quinto foi unha copia do cuarto, os locais comezaban con forza e os visitantes tentaron levar os dous puntos do encontro pero foi imposible. Os nosos seguen colocados primeiros na táboa con cinco puntos mais que o segundo clasificado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario