

O CV Noia de 2ª División Masculina correu a mesma sorte que o equipo de primeira, cedendo o seu encontro por 0-3 ante o Emeve Lab. Nupel (11-25/18-25/19-25). Xogaron: Quique, Ivo, Cholo, Tito, Adrián, Maki, Juanjo e Mili. Outros resultados da xornada: CV Vagalume - R+F Magenta Voley Riveira: 3-2 (25-9/25-18/19-25/27-29/15-9). Ata o sábado 28 de febreiro non voltará a haber xornada de 2ª.
Na Liga Galega Infantil Feminina o CV Noia acadou o seu mellor resultado no que vai de liga: CV Noia 2 - 3 CVO Divina Pastora: 13-25/25-20/23-25/25-18/12-15. Bo partido das nosas rapazas que pouco a pouco se achegan a esa victoria tan desexada. Outros resultados da xornada: Turismo de Vigo Caixanova A - CPI Mende Dompa Gestión: 3-1 (25-16/18-25/25-20/25-14); Calasancias-Marineda Ageco - Zalaeta A: 1-3 (12-25/25-20/15-25/22-25); Liceo La Paz - Emeve Lab. Nupel: 0-3 (8-25/20-25/17-25); XAV Cambados A - Ribeira Sacra A: 0-3 (1-25/12-25/11-25).
Na Liga XPF o CV Noia enfróntase ó Carmelita Verduna. Será o sábado 21 de febreiro no Pabillón Alonso Rodríguez de Noia. Hora: 13.30; colexiado: Enrique González.
Na Liga CPF o CV Noia enfróntase ó Asesoría Cervantes AD Xiria. Será o martes 24 de febreiro no Polideportivo Bergantiños. Hora: 17.30.
2 comentarios:
Rapazas, tranquilas, que non cunda o pánico: xá é moi tarde. Agora a pensar no encontro de este sábado, que ademáis son Carnavais e aqui as cousas non son o que parecen.
Ánimo e moita sorte, a dalo todo coma sempre.
Comercial Durán CV Noia 28/02/09 17:00 Est. da Xuventude
Publicar un comentario