martes, 17 de febrero de 2009

XORNADA DE SAN VALENTÍN 2009

O Fisioterapia Cinesia Noia de 1ª División Feminina desprazouse este sábado 14 de febreiro ata a cancha do Autos Rico Universidade da Coruña. O partido tivo lugar ás 18.00 horas da tarde no Pabillón Universitario de Elviña con Duarte Borrás como colexiado principal (correcto). O encontro decantouse xa dende o primeiro momento para o equipo coruñés o cal non tivo complicacións en ningún momento co xogo do seu rival. A posta en escea das rapazas de Noia caracterizouse pola ausencia de recepción e colocación, non podendo montar xogadas que complicaran as cousas para o equipo local. Resultado: 3-0 (25-17/25-12/25-20). Xogaron polo Fisioterapia Cinesia Noia: Leo, Crichi, Pachi, Lucía A., Lucía D. (líbero), Caro, Ania, Rocío, Marga e Lucy. Outros resultados da xornada: Antalsis Zalaeta - AULE: 3 - 0 (25-13/25-22/25-20/0-0/0-0); A.D. Los Campos - Universidade de Salamanca: 3 - 0 (25-14/25-13/25-19/0-0/0-0); Fortuna Kirol Aukera - CDE Voleibol Castañeda: 3 - 1 (25-18/22-25/25-22/25-23/0-0). Próximo encontro: sábado 21 de febreiro ás 19.30 horas no Pabillón Alonso Rodríguez de Noia. Será fronte ó A.D. Los Campos (Avilés) e os colexiados serán Alberto Suárez e Justo Olea.

O CV Noia de 2ª División Masculina correu a mesma sorte que o equipo de primeira, cedendo o seu encontro por 0-3 ante o Emeve Lab. Nupel (11-25/18-25/19-25). Xogaron: Quique, Ivo, Cholo, Tito, Adrián, Maki, Juanjo e Mili. Outros resultados da xornada: CV Vagalume - R+F Magenta Voley Riveira: 3-2 (25-9/25-18/19-25/27-29/15-9). Ata o sábado 28 de febreiro non voltará a haber xornada de 2ª.

Na Liga Galega Infantil Feminina o CV Noia acadou o seu mellor resultado no que vai de liga: CV Noia 2 - 3 CVO Divina Pastora: 13-25/25-20/23-25/25-18/12-15. Bo partido das nosas rapazas que pouco a pouco se achegan a esa victoria tan desexada. Outros resultados da xornada: Turismo de Vigo Caixanova A - CPI Mende Dompa Gestión: 3-1 (25-16/18-25/25-20/25-14); Calasancias-Marineda Ageco - Zalaeta A: 1-3 (12-25/25-20/15-25/22-25); Liceo La Paz - Emeve Lab. Nupel: 0-3 (8-25/20-25/17-25); XAV Cambados A - Ribeira Sacra A: 0-3 (1-25/12-25/11-25).

Na Liga XPF o CV Noia enfróntase ó Carmelita Verduna. Será o sábado 21 de febreiro no Pabillón Alonso Rodríguez de Noia. Hora: 13.30; colexiado: Enrique González.

Na Liga CPF o CV Noia enfróntase ó Asesoría Cervantes AD Xiria. Será o martes 24 de febreiro no Polideportivo Bergantiños. Hora: 17.30.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Rapazas, tranquilas, que non cunda o pánico: xá é moi tarde. Agora a pensar no encontro de este sábado, que ademáis son Carnavais e aqui as cousas non son o que parecen.
Ánimo e moita sorte, a dalo todo coma sempre.

Anónimo dijo...

Comercial Durán CV Noia 28/02/09 17:00 Est. da Xuventude