lunes, 1 de diciembre de 2014

Resultados 8ª xornada

Dúas derrotas de dous partidos na Coruña das infantís e xuvenís e unha vitoria como locais do equipo  senior masculino nesta oitava xornada de liga.

Calasancias Coruña- Fisioterapia Cinesia Noia


Infantil feminino: 3-2(21-25/25-18/25-15/24-26/16-14)

acción de bloqueo das máis pequenas.
Dura derrota das infantís como visitantes, enfrontábanse a un equipo semellante ao delas, as pequenas dende un  ataque seguro levábanse o primeiro set, pero os nervios non lle permitiron continuar ca vitoria e máis pausadas en defensa e cun maior número de erros que as locais perderon os dous seguintes sets. No terceiro set as nosas non querian deixar os dous puntos que as manterían na parte alta da táboa  e conseguían anotalo nun axustadísimo 24-26. Moi semellante foi o derradeiro set, no que ningún dos dous equipos queria deixar escapar a oportunidade de gañar pero un bo ataque local fixo que as do Calasancias levaran o encontro por 3-2.


Xuvenil feminino: 3-0 (25-17/25-20/25-16)

recepcíon da xuvenil Fátima.
Partido para esquecer das nosas xuvenís, que nada tiveron que ver cas xuvenís que vimos a semana pasada contra o Emeve, con numerosos erros de saque, ataque e redes, elas mesmas facían gañar ao equipo rival que dende un saque cómodo e a súa oposta como maior atacante levaban os sets con facilidade. Esperamos que este partido sexa unha excepción e regresen ao seu bo xogo ao que nos teñen acostumados nesta tempada 14/15 para manterse na parte media da táboa.






Fisioterapia Cinesia Noia- Asesoría Vila Castro


Sénior masculino: 3-0 (25-20/25-16-25-23)

Nova vitoria do equipo senior que os mantén primeiros na táboa sendo invictos con tan só dous sets en contra, os noieses moi acertados en bloqueo, defensa e ataque facían que os ourensáns tiveran moi complicado puntuar, pola súa parte os visitantes  non supoñían moito perigo en ataque tendo como principal atacante ao ex-xogador da selección española junior Victor Conde. Tan só no último set os locais relaxáronse ao final permitindo que os visitantes se achegaran perigosamente, mais non puideron superar o bloqueo noiés levándose así os nosos o encontro por 3-0.

No hay comentarios: