miércoles, 10 de diciembre de 2014

Resultados 9ª Xornada

Dúas derrotas dos nosos equipos femininos, tanto infantil como xuvenil na xornada na que nos visitou o equipo CV Ribeira Sacra.


Infantil Feminino: 2-3 (15-25/25-20/25-21/11-25/12-15)

Unha derrota máis das nosas pequenas por 2-3, xa van dúas consecutivas, dura derrota, pois dende o cuarto posto baixan ao 10 a falta do partido contra o EMEVE (aplazado). Ambos equipos facían dano dende a liña dos nove metros, pero eran as monfortinas as que con maior defensa e un mellor ataque levaban o primeiro set, no segundo e no terceiro as nosas púxeronse por diante pois non querían perder unha semana máis, pero xa no cuarto set as noiesas relaxáronse e as visitantes aproveitaron para forzar o quinto set por un contundente 11-25. O quinto set, foi un set de infarto, no que as nosas tiveron que remontar un 6-13 pero ao chegar ao 12-14 os nervios xogaron unha mala pasada e o encontro foi para as do Ribeira Sacra.


Xuvenil Feminino: 0-3 (16-25/19-25/20-25)


Nova derrota das xuvenís que non se recuperaron da derrota da semana anterior contra o Calasancias, as nosas foron de menos a máis neste encontro pero o bo saque e impoñentes ataques das visitantes facían difícil as locais remontar os sets. Puidemos ver no segundo e no terceiro set unha gran melloría das nosas, que non daban un punto por perdido, pero seguía sendo moi difícil puntuar e remataron caendo por 0-3. Esperamos un cambio para a semana que ven, pois as nosas se enfrontarán a un dos seus rivais directos, o Ies de Ames, as noiesas actualmente ocupan a 7ª posición.

No hay comentarios: